Friday 26 de April de 2024

Axendas en Moeche para esta finde


Citas do sábado e o domingo: contacontos con Cris de Caldas na Biblioteca e nova Xeorruta por Mina Piquito

“Contos que alimentan”
Venres 3, 17:00h
Biblioteca Municipal

“Contos que alimentan”, de Cris de Caldas, é unha proposta interxeracional arredor dos contos da avoa. Contos con alma tradicional ou o regusto dos sabores e saberes de sempre. O espectáculo de pequeno formato e para todos os públicos chega á biblioteca modestina da man do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.

Fai falla inscrición previa no 981 404 006 (ext.2) ou enviando un correo a pilar.pazo@moeche.gal

Xeorruta por Mina Piquito
Sábado 4 de setembro
16:00-17:50h (Grupo 1)
18:10-20:00h (Grupo 2)
10€, con pagamento anticipado
Punto de encontro diante do Concello para ambos grupos

Trátase dun xacemento de cobre que se explotou até finais dos anos 60 e que hoxe constitúe un dos espeleotemas máis rechamantes do noroeste peninsular. Nas galerías aínda hai restos da actividade mineira -vías, trabes, etc.- pero o que máis destacan son as estalagmitas e estalactitas de azuis e verdes de grande viveza.

Esta ruta ten un custe de 10 euros. Nela, por cuestións de seguridade, só poderán participar maiores de 11 anos. O de Mina Piquito é o percorrido xeolóxico máis curto de todos cantos se ofrecen este verán no ámbito do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.

A entrada na mina farase en dous grupos, un a iso das 16:00h e outro a partir das 18:10h. No momento de publicar esta información había prazas dispoñibles en ambos. As reservas poden facerse neste formulario: https://goo.gl/9oVX8Y